sobre min

biografía

Ola!!!

Quédate comigo

Son un urbanita na procura de inspiración, amor e verdade cada día. Coñezo lugares onde o tempo se detén e os milagres existen… Nos meus libros falo do meu mundo invisíbel. Se o queres ver, pecha os ollos, escoita a cidade, a súa voz e o seu carácter. Notarás como se frea o tempo…

Se me queres coñecer mellor, só tes que ler os meus libros e tentar sentilos. Hai un pouco de min en todas as personaxes. Non imaxino a miña vida sen literatura. Gozo viaxando, pero aínda así o meu corazón pertence á marabillosa cidade de Barcelona e ao pequeno recuncho de mundo que é a miña aldea, onde podo crear, para ti, os meus libros!

Quen narra en lingua galega, non pode escribir para un futuro que é, en esencia, deprimente, senón para un presente capaz de cambiar ese futuro.

Consecucións

Os meus premios

NOVEMBRO 2019

Premio Xerais de novela

AGOSTO 2020

Premio Alecrín de narrativa

DECEMBRO 2022

Torrente Ballester

 

“Visión, singular como todas e pouco transitada tematicamente, da emigración galega a Barcelona plasmada simbolicamente naquel vello Shanghai que comunicaba Galicia con Catalunya...”
Ramón Nicolás (suplemento Fugas)
28 de decembro do 2019
“Unha novela peculiar e moi traballada, arriscada no seu plantexamento e resolta cunha gran habilidade que enganchará os afeizoados ás letras desde o primeiro momento”
Manrique Fernández (O meu andel literario)
14 de novembro do 2019
“O Premio Xerais de Novela do 2019 descúbrenos unha voz, cando menos, potente, orixinal e cunha forma de escribir moi enganchada á filosofía”
María Fornet (Lecturafilia)
4 de decembro do 2019

Sigamos en contacto

estou nas redes