Vertixe

A terra dá voltas e reviravoltas,
mais eu estou quedo.

Ambaxes, arrodeos, circunloquios,
que non entendo.

Quedo, mais tentando
non me quedar no sitio.

Tentando non caer
no gran lameiro.

Tentando non ceder
á vertixe das arcadas.

Bébedo da auga
que conformaba o mundo.

A terra dá voltas e reviravoltas,
e fico mudo.

Gostouche?:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *