Río 2016

Entre acenos de soberbia
nas ricas faces vitoriosas,

(un intre antes de perder o punto decisivo)

as meniñas bonsai,
que non saben bailar,
pintan as capelas dos ollos
cos saltos imposíbeis
para os que foron esculpidas en soidade.

Entre bágoas e risas,
as meniñas da rúa
esnifan o fado pegañento
da medalla perdida
nas costas da favela.

Mentres entregan os corpiños
ao fervedoiro estranxeiro,

(Taxi! A Copacabana!)

os ollos de vidro
seguen alucinados
polas áureas promesas
dun olimpo no Pão de Açúcar.

Gostouche?:

2 thoughts on “Río 2016

  1. Un emotivo poema teñido de la melancolía que solo la indignación ante la injusticia y la hipocresía puede producir. Hasta cierto punto me ha traído a la memoria aquella turbadora “Casa de los cuerpos”, de esa otra aventura suya de 100.000 Profilácticos. Un cordial saludo.

    • Este será uno de los 5 poemas que representarán a mi pluma en una antología de poetas chantadinos que se publicará en marzo. No coincido en el parecido con “La casa de los cuerpos” aunque es cierto que mi visión carece de la distancia adecuada.
      Gracias por el comentario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *