Quen son eu?

Aprendiz eterno da fermosa lingua galega, son Amador Castro Moure, nado en Nandulfe no século XIX. Con dezaseis meses metéronme nunha máquina do tempo chamada “O Shangai” e aparecín en Barcelona. Xa era o século XX.

Na adolescencia creei, xunto con outros tres amigos do instituto, a revista de poesía “Sorra” (area, xabre), onde, ademais de publicar os nosos poemas, colaboraron persoas como Carles Estrada, Joan Brossa, Carme Riera ou Isabel-Clara Simó, entre outras.

Cando apareceron cinco poemas meus na “Escolma da poesía galega 1976-1984” (Vento que zoa / Sotelo Blanco), compilada por Xosé Lois García, aparquei a literatura e dediqueime á música fundando o grupo punk “100.000 Profilácticos” e, una vez disolto, participando como guitarrista no grupo “Alicia golpea” xunto a Carlos Zanón.

Licenciado en CC.PP. e Socioloxía, traballo de programador de aplicacións informáticas e administrador de sistemas.

Despois de moitos anos aparcando a literatura, decidinme, por fin, a facer o que máis me gusta: escribir.

Podes atopar a miña primeira novela, Memorias de antes do encoro, en Amazon ou Bubok.

Recentemente aparecín na escolma Ecos dos poetas de Chantada e agora estou a punto de publicar a miña segunda novela: Pillabán, pillabán.

Este post tamén está dispoñível en: Catalan Spanish

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.