Crowdfunding

Esta que vedes é a portada provisoria da miña segunda novela. E vouvos pedir axuda para un crowdfunding.

Pillabán, pillabánTiven a sorte de que a edicións Do Peirao lle gustase. Tanto como para considerar engadila ao seu catálogo. Pero para asumir o risco empresarial de publicala, fan primeiro un test. O que chaman, en termos económicos, “estudo de viabilidade”. Que se traduce nun crowdfunding.

Se acado os cincuenta mecenas, entón publican a novela.

Agradezo, sobre todo, a difusión. Aínda que non che interese, ou non leas galego, seguro que entre os teus contactos hai xente interesada e con gañas de ler unha boa novela. Clica na imaxe e difunde, por favor.

Graciñas a todas!!!

Gostouche?:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *