Coser o tempo

Querería poder coser o tempo,
unha semana, un mes, un ano enteiro.
Coselo todo coa punta dunha agulla,
darlle a volta
e cubrir coa capa resultante a túa dor.

Mais só che podo regalar unha aperta,
pór un ombreiro
e agachar as miñas bágoas
tras da falsa carauta de quen ten un fato de solucións no peto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.