Quen son eu?

Ola! Son Amador Castro Moure. Nacín nunha aldea chamada Nandulfe, no centro da Galiza, e crieime en Barcelona.

Na adolescencia creei, xunto con outros tres amigos do instituto, a revista de poesía “Sorra” (area, xabre), onde, ademáis de publicar os nosos poemas, colaboraron persoas como Carles Estrada, Joan Brossa, Carme Riera ou Isabel-Clara Simó, entre outras.

Cando apareceron cinco poemas meus na “Escolma da poesía galega 1976-1984” (Vento que zoa / Sotelo Blanco), compilada por Xosé Lois García, aparquei a literatura e dediqueime á música fundando o grupo punk “100.000 Profilácticos” e, unha vez disolto, participando como guitarrista no grupo “Alicia golpea” xunto a Carlos Zanón.

Licenciado en CC.PP. e Socioloxía, traballo de programador de aplicacións informáticas e administrador de sistemas.

Despois de moitos anos aparcando a literatura, decidinme, por fin, a facer aquelo do que máis gosto: escribir.

Podedes atopar a miña primeira novela, Memorias de antes do encoro, en Amazon ou Bubok.

Recentemente aparecín na escolma Ecos dos poetas de Chantada e agora estou tentando publicar a miña segunda novela: Pillabán, pillabán. Se me queres axudar, hai un crowdfunding en marcha:

Este post tamén está dispoñível en: Galleg Spanish

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *