Ás veces eu tamén penso lagoas

(á miña tía Elena)

 

Andaba eu mergullado
na saca das palabras. Somerxido
na procura dunha das
que te fan sentir máis importante.

Non lembro agora ben cal era.
Quería dicir amor sen nomealo
mais só atopaba a desgraza, a soidade,

o afastamento…

E ti dixeches:
ás veces eu tamén penso lagoas.

Riches. Chorei. Apertáchesme a man.

Por un intre,
peiteados pola airexa
no patio carcerario no que moras,
fixémonos irmáns no esquecemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.