Quen son eu?

Chámome Amador Castro Moure. Un catalán nado na Galiza, eterno aprendiz da fermosa lingua galega.

Colaborei na “Escolma da poesía galega 1976-1984” (Vento que zoa / Sotelo Blanco), compilada por Xosé Lois García.

Despois de moitos anos aparcando a literatura, decidín volver a ela (ou ela decidiume a min): autoeditei a primeira novela, Memorias de antes do encoro, colaborei na escolma Ecos dos poetas de Chantada e, en breve, Edicións do Peirao publicará a segunda novela, Pillabán, pillabán. E así seguirei mentres o pida o corpo.

Este post tamén está dispoñível en: Catalan Spanish

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.