21 gramos

O misterio do mundo comprimido nun verme no tránsito a bolboreta.

O misterio do tránsito: morre o verme, nace a bolboreta.

Canto pesa un verme?

Canto pesa o ar que leva nos pulmóns o pesador de almas?

Alguén pesou o espírito de André Maurois?

Enerxía en tránsito. Queremos crer que somos algo máis que enerxía en tránsito. Queremos pesar un algo intanxíbel, unha intuición, un sentimento.

Pesamos. Catalogamos. Experimentamos.

O máis fabuloso transmisor de enerxía experimentando o terror cando está a se quedar sen batería. Conexión cósmica reducida a un feixe de ións de litio.

Litio para a depresión.

Recarga o teu litio.

Para canta vida dan vinte e un gramos de litio?

Está o espírito feito de litio?

Temos renunciado ás respostas. Fainos ledos renunciar ás respostas. Pero as preguntas están aí: dentro dun comprimido de litio, dentro do casulo do verme da seda, en vinte e un gramos de ar que non poden ser alma.

Pero, conteñen a alma? Son vinte e un gramos de ar o casulo do tránsito?

Paul Rivers non renunciou ás preguntas. Cantas vidas vivimos? Cantas vidas morremos? Cando perdemos vinte e un gramos, canto marcha con eles?

O ar marcha con eles polo ar. E como cousa de encantamento, fun polo ar e vin polo vento. O ar é a saída de emerxencia.

Respiramos almas viaxeiras vinte e unha veces por minuto.

Mentres respiramos.

Enerxía en tránsito.

O misterio do cosmos comprimido en vinte e un gramos.

Koyaanisqatsi.

Perdemos o equilibrio.

O máis fabuloso transmisor de enerxía destruíndo a fonte.

Desalmados.

Respiramos a ausencia de alma vinte e unha veces por minuto. Respiramos o óxido nitroso da nosa cobiza. Vinte e un gramos de óxido nitroso por minuto.

Mentres respiramos.

Gostouche?:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *